vedutista*
vedutista*
s
[ARTE]
Pintor de paisaxes urbanas, normalmente fieis á realidade e de concepción esencialmente topográfica. Aplicouse aos pintores da escola veneciana (A. Canaletto, B. Bellotto, F. Guardi) e romana (G. P. Panini) do s XVIII e a aqueles que derivaron da súa concepción de veduta (‘vista’) como unha peza pictórica de proporcións medianas cuxa representación paisaxística se destinaba a un público medio, a miúdo integrado por viaxeiros na procura dun recordo.