vélaro

vélaro

(< lat vellu(m)

  1. s m [TÉXT]

    Conxunto de la unha vez tosquiada, sexa en forma de pel estendida, tal como se presenta inmediatamente despois da rapa, sexa en feixes, que é como se presenta unha vez desfeita.

  2. s m

    Pel lanar e curtida dun carneiro, un año ou unha ovella.

  3. vélaro de ouro [MIT]

    élaro do carneiro alado que Zeus enviou para salvar a Frixos e Hele, que fuxían da súa madrasta Ino, quen quería sacrificalos. A cabalo do carneiro, Frixos conseguiu chegar a Cólquida, sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle o seu vélaro de ouro ao rei, que o consagrou a Ares, pendurouno dunha aciñeira do bosque sagrado e púxolle un dragón para custodialo. Alí foron buscalo os argonautas con Xasón. Na Idade Media deu nome á Insigne Orde do Vélaro de Ouro.

Formas incorrectas

verlo, toisón