Velázquez de Artes Plásticas, Premio
Velázquez de Artes Plásticas, Premio
Premio convocado polo ministerio de Cultura desde 2002 para recoñecer unha traxectoria creativa. Ademais do premio monetario, conleva a celebración dunha exposición antolóxica no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a potestade de elixir a un artista de menos de 35 anos para que lle sexa outorgada a bolsa Velázquez. Recibírono Ramón Gaya (2002), Antoni Tápies (2003), Pablo Palazuelo (2004) e Juan Soriano (2005).