venerable

venerable

(< lat venerabĭle)

  1. adx

    Que é digno de respecto, especialmente pola súa idade ou antigüidade.

  2. s m

    Título de grao do presidente dunha loxa francmasónica. 

  3. adx e s [RELIX]
    1. Que ou quen posúe o título de honor dado a ordes relixiosas, a lugares sagrados ou, eventualmente, aos xerarcas eclesiásticos.

    2. Que ou quen posúe o título outorgado aos servos ou servas de Deus que constitúe o primeiro grao no proceso de canonización, anterior ao de beato e ao de santo, despois de que o papa proclamase a heroicidade das súas virtudes.

Palabras veciñas

Venecias, Tres | Venera | venerábel | venerable | veneración | Venerando/Veneranda | venerar