véneto -ta

véneto -ta

(< lat Venětu)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Venecia, a Véneto, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Venecia ou de Véneto.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo véneto.

    2. s

      I ndividuo do pobo véneto.

    3. s m pl [ETN/HIST]

      Pobo de procedencia ilírica, establecido nos primeiros séculos da era cristiá nas terras do litoral adriático, ao NL de Italia. Vivían da pesca, do sal e do cultivo das hortas, xunto co comercio. Aliáronse cos romanos contra as tribos da Galia (225 a C) durante a Segunda Guerra Púnica. As invasións dos bárbaros foron causa da migración véneta desde a terra firme ata as illas da lagoa adriática, onde fundaron Venecia.

  1. s m [LING]

    Conxunto de falas italorrománicas que se falan en Italia e que forman os dialectos italianos setentrionais xunto cos galoitálicos. O vocalismo ten unha estrutura (por exemplo, carencia de ü, ö) e unha estabilidade de timbre que o separan dos dialectos galoitálicos, achegándoo ao toscano. O consonantismo coñece a simplificación de xeminadas, a sonorización e a caída de oclusivas xordas e a asibilación de c e g ante e ou i, co paso eventual a interdental (sielo < gielo ‘ceo’). En morfoloxía destaca o uso dos pronomes tónicos como suxeito (mi digo ‘eu digo’) e en léxico o uso dalgunhas palabras peculiares como santolo (‘padriño’), scarcela (‘peto’) e parolaro (‘caldeireiro’).