ventilación
ventilación
(< lat ventilatĭōne)
-
s
f
Renovación do aire que se efectúa nun ambiente determinado para mantelo puro ou dentro duns límites de nocividade aceptables. A ventilación pode ser natural, mediante aberturas, fiestras ou portas, ou artificial, por medio de dous condutos, un para o fornecemento do aire limpo e outro para a evacuación do aire viciado.
-
s
f
Instalación ou abertura para ventilar algo.
-
s
f
Corrente de aire que se establece ao ventilar unha cámara.