ventre

ventre

(

  1. s m [ZOOL]

    Cavidade do corpo dos animais vertebrados que contén os órganos principais do aparato dixestivo e do xenitourinario.

  2. s m [ZOOL]

    Conxunto de vísceras contidas no ventre, especialmente despois de ser extraídas.

  3. [ANAT]
    1. s m

      Rexión exterior do corpo, correspondente ao abdome, que é anterior no home e inferior nos outros vertebrados.

    2. ventre de madeira

      Reflexo das paredes abdominais que aumentan o ton muscular cando se dan lesións no peritoneo.

    3. ventre navicular

      Aspecto particular do ventre cuxa parte central forma unha depresión enmarcada polas últimas costelas e os ósos ilíacos.

  4. s m

    Parte máis ampla e convexa dun recipiente ou obxecto.

  5. s m [FÍS]

    Cada un dos puntos dun medio, en que se propaga unha onda estacionaria, en que a amplitude é máxima respecto dos puntos máis próximos.

Frases feitas

  • Facer/ir de ventre. Evacuar os excrementos.

Palabras veciñas

Ventraces | ventrada | ventral | ventre | ventrecha | ventricular | ventrículo