Verbum-Casa das Palabras
Verbum-Casa das Palabras
Museo situado en Vigo. Inaugurado en 2003 e dedicado a aqueles ámbitos que estivesen relacionados coa comunicación humana, o edificio foi proxectado por César Portela, con catro plantas unificadas por unha caixa de luz que as atravesa. O deseño expositivo organizouse en 29 cubos, con 81 módulos ou unidades informativas que desenvolveron as diferentes temáticas, que se agrupan en catro disciplinas xerais: linguaxe, ciencias, literatura e tecnoloxía. Ten un andar reservado á exposición permanente e outros espazos dedicados a mostras temporais.