verificación

verificación

(< verificar)

  1. s f

    Acción e efecto de verificar ou verificarse.

  2. s f [TECNOL]

    Comprobación de que unha tarxeta ou calquera soporte de entrada foi rexistrado cos datos informáticos previamente establecidos.

  3. [DER]
    1. s f

      Comprobación da autenticidade ou regularidade dun procedemento burocrático, dun acto xurídico, dun escrutinio, etc.

    2. s f

      Intervención efectiva da administración para regular, comprobar e contrastar o funcionamento dos sistemas ou aparatos relacionados cos servizos públicos.

    3. verificación de poderes

      Procedemento preliminar na deliberación dunha asemblea, un congreso xeral dun partido ou unha sesión parlamentaria, co obxectivo de controlar a existencia e validez dos poderes dos representantes, os delegados ou os deputados.

  4. s f [TECNOL]

    Operación de comprobación ou de medida mediante a que se garante que un proceso funciona correctamente.

  5. principio de verificación [FILOS/MAT]

    Criterio relativo no procedemento utilizado para comprobar a verdade ou exactitude dunha hipótese ou dun principio teórico. De acordo co neopositivismo ou positivismo lóxico (segundo o que só é verdadeiro algo que é verificable), son verificables unicamente as proposicións sintéticas de natureza empírica e as proposicións lóxico-matemáticas meramente analíticas e tautolóxicas.

Palabras veciñas

verídico -ca | verificábel | verificable | verificación | verificador -ra | verificadora | verificar