vermiculita
vermiculita
(
s
f
[MINERAL]
Silicato hidratado de magnesio, de fórmula Mg3Si4O10 (OH)2·XH2O, que cristaliza no sistema monoclínico. Pertence ao subgrupo dos filosilicatos, ten unha dureza de 1,5, unha densidade de 2,4, e presenta unha cor amarelenta. Se se quenta rapidamente ata 250-300°C dilátase moito e adquire forma de verme. Emprégase como illante na construción e, mesturada con cemento e xeso, para facer formigón lixeiro e argamasa.