verniz

verniz

(< baixo lat veronīce,polo fr antigo verniz, actual vernis)

  1. s m
    1. [QUÍM]

      Disolución dunha ou máis resinas nun aceite ou líquido volátil, que se aplica sobre a superficie dun obxecto para darlle brillo e para facelo resistente ao aire e á humidade.

    2. [ARTESAN]

      Substancia vitrificable e transparente, xeralmente formada a base de compostos de chumbo, coa que se recobren pezas de cerámica, de porcelana ou de barro, e que despois de cocida ao lume se vitrifica adquirindo un brillo característico.

    3. [PINT]

      Disolución dunha ou máis resinas nun aceite ou líquido volátil, xeralmente de secado rápido, que deixa sobre as superficies onde se aplica unha capa, normalmente brillante, coa función de preservalas da humidade ou da acción deteriorante do aire.

  2. s m [GRÁF]
    1. ehículo ou soporte dos pigmentos da tinta de imprimir, xeralmente aceite de linosa.

    2. Substancia que serve para modificar as tintas e darlles máis brillo, máis adherencia ou outras calidades.

  3. s m [GRÁF]

    Capa superficial.

Formas incorrectas

barniz

Palabras veciñas

vernier* | Vernier, Pierre | vernix* | verniz | vernizado | vernizador -ra | vernizadura