Verona, Proceso de
Verona, Proceso de
Proceso político que tivo lugar en Verona en xaneiro de 1944, instruído polo goberno da República Social italiana contra os dezanove membros do Gran Consello que, guiados por Dino Grandi, consideráronse responsables da caída do réxime fascista de Mussolini en Roma. Algúns deles foron condenados a morte e axustizados. T. Cianetti retractouse e salvouse, mentres que outros 13, entre os que se atopaba D. Grandi, foron condenados por rebeldía.