Veronica
Veronica
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das escrofulariáceas, con follas simples, enteiras ou pinnadas, as inferiores opostas e as superiores frecuentemente alternas. As flores son tetrámeras, de cor xeralmente branca, dispostas en acios ou ben solitarias, e froito en cápsula aplanada. En Galicia están presentes diversas especies coma V. scutellata, V. persica, V. officinalis, V. arvensis e V. beccabunga, entre outras.