vesícula

vesícula

(

  1. [ZOOL]
    1. s f

      Órgano que ten forma de cavidade ou saco.

    2. vesícula biliar

      Saco piriforme onde se acumula e concentra a bile antes de ser vertida ao intestino. Está presente en moitos vertebrados baixo a cara inferior do fígado.

    3. vesícula encefálica

      Cada unha das cavidades que presenta o tubo nervioso dos cordados no decurso do desenvolvemento embrionario.

    4. vesícula seminal

      Parte do aparato reprodutor masculino de case todos os animais pluricelulares triploblásticos onde están almacenados os espermatozoides, en espera de ser evacuados, e onde se produce o seme. No home está situada na parte posteroinferior da próstata e é unha continuación dos condutos eferentes, dos que parten os condutos exaculadores.

  2. s f [PAT]

    bocha.

  3. [BOT]
    1. s f

      Pequena cavidade que nos tecidos vexetais está chea de humor ou de aire.

    2. vesícula aerífera

      Protuberancia vesicular que presentan os grans de pole de moitas coníferas e que facilitan a súa dispersión polo vento.

    3. vesícula aerífera

      aerociste.

Palabras veciñas

vesical | vesicante | vesicatorio -ria | vesícula | vesicular | vesiculite | vesiculoso -sa