Vesubio
Vesubio
olcán situado en Campania, Italia, 12 km ao SL de Nápoles, o único activo de Europa continental. Érguese illado sobre a chaira e domina o golfo de Nápoles. Ten dous cumios: a ampla muralla semicircular do Somma (1.132 m) e o Vesubio propiamente dito (1.277 m), co cráter actual, separado por unha extensa depresión de 5 km. É un volcán polixénico que alterna proxeccións e coadas volcánicas. A primeira erupción coñecida foi no 79, que sepultou as cidades de Pompeia, Herculano e Stabia.