vexetal

vexetal

(< lat vegetale)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás plantas.

  2. s m [BOT]

    planta.

  3. reino vexetal [BIOL]

    Gran grupo de seres vivos integrado polas plantas. É un dos dous reinos, xunto co animal, en que se clasificaron os seres vivos desde Aristóteles ata o s XIX. Esta división foi substituída por unha clasificación en cinco reinos distintos: animal, planta, protista, moneras e fungos.

Palabras veciñas

vexar | vexatorio -ria | vexetación | vexetal | vexetar | vexetarianismo | vexetariano -na