vibrante

vibrante

(< lat vibrante, p pres devibrāre)

    1. adx

      Que vibra.

    2. adx e s f [LING]

      Aplícase á emisión fonemática que presenta un movemento orgánico, xeralmente lingual, moi breve, que interrompe e libera, sucesivamente, a corrente de aire aspirado. Articulatoriamente pódense distinguir en galego dúas variantes: a vibrante múltiple [r] grafada con r en posición inicial absoluta, en posición final ou cando segue a consoante nasal n (ramo, amor, enriquecer), e con rr en posición intervocálica (carro, arroz); e a vibrante simple [ɾ], que só se pode dar en posición intervocálica e grafada sempre con r (caro, cariño). Nas linguas románicas, hai dúas modalidades básicas de realizacións vibrantes: unha apical, típica do galego, o castelán, o catalán, o occitano, o italiano, o romanés e o portugués peninsular, e outra velar, normal en francés e en portugués brasileiro.

  1. adx

    Que fai vibrar de emoción.

Palabras veciñas

vibrador -ra | vibráfono | vibramicina | vibrante | vibrar | vibrátil | vibrato