vidreira

vidreira

(< vidro)

  1. s f

    idro grande que se coloca nunha porta ou ventá.

  2. s f [ARTE]

    Conxunto de vidros de cores que cerran o van dun edificio e que ten finalidade decorativa. Constrúese segundo un deseño ou debuxo previo (cartón) e móntase xeralmente en chumbo sobre un bastidor metálico. En Occidente, atopáronse en escavacións fragmentos de vidreiras desde a época merovinxia e sobre todo carolinxia. Destacan as realizadas no s XIII en Francia (Chartres, Bourges, Sens, Auxerre, Sainte-Chapelle de París), Canterbury, Estrasburgo, Erfurt ou Asís, e España (catedral de León). O interese por esta técnica impulsouse novamente no s XIX e viviu un novo apoxeo co modernismo.

  3. Escaparate dunha tenda.

Palabras veciñas

vidrado -da | vidrar | vidraría | vidreira | vidreiro -ra | Vidreres | vidrería