2 vila

2 vila

(

s f [ARQUIT/HIST]

Casa, máis ou menos luxosa, situada fóra da cidade, xeralmente rodeada de xardíns. De orixe romana, as vilas primitivas eran centros de explotación agraria, que en determinadas ocasións se converteron en residencias secundarias para xente privilexiada e outras en verdadeiras residencias señoriais (vila Adriana en Tivoli). No Renacemento, coa revalorización da antigüidade clásica, volveuse utilizar este tipo de construción. Coa concentración urbana, estas vilas perderon interese como forma arquitectónica ata que no primeiro cuarto do s XX Le Corbusier e os arquitectos funcionalistas volveron utilizalas como tipo construtivo.

Palabras veciñas

Viking | vil | 1 vila | 2 vila | Vila | Vila | Vila