Vilalba, castelo de ou castelo dos Andrade
Vilalba, castelo de ou castelo dos Andrade
Construción situada en Vilalba que se fundou nos ss XI ou XII, e posteriormente pertenceu a Fernán Pérez de Andrade. Diego de Andrade reconstruíuna despois da súa destrución nas Guerras Irmandiñas. Tiña planta cadrada con tres torres nos ángulos mais a torre da homenaxe, que é o único que se conserva. A torre, que remata con ameas, ten planta octogonal con catro pisos: no primeiro ábrense tres seteiras, no segundo unha porta con arco, no terceiro dúas ventás e no cuarto unha ventá. Construíuse en cachotaría de granito e lousa con cantaría de granito nos vans, esquinais e ameas. Na década de 1960 rehabilitouse e, xunto cun novo edificio construído á súa beira, converteuse no Parador Nacional de Turismo. Foi declarada BIC en 1994.