Vilalourente, San Martiño de ou Convento dos Picos

Vilalourente, San Martiño de ou Convento dos Picos

Antigo convento situado en Mondoñedo. Fundouse en 1378 e pertenceu á Orde Terceira de San Francisco. Remodelouse no s XVIII e estivo ocupado polos irmáns pasionistas (1884-1964). A igrexa ten unha soa nave con tres tramos con cuberta gótica e cúpula con lanterna do s XVIII. A fachada é barroca e nela destaca a torre lateral con dous corpos e rematada nunha cúpula. Ten un claustro de planta rectangular con dous pisos, o inferior con arcos e o superior con ventás. Conserva tamén a antiga cociña e a escaleira principal do s XVIII.

Palabras veciñas

Vilalle | Vilallonga y Cabeza de Vaca, José Luis de | Vilalonga | Vilalourente, San Martiño de ou Convento dos Picos | Vilalpape | Vilalvite | Vilamaior