vilán -lá

vilán -lá

(< lat villanu)

  1. adx e s [HIST]

    Labrego, sobre todo de condición libre, habitante das villae ou localidades rurais durante a Idade Media. Constituíron unha clase social de pequenos propietarios rurais que, ao poder ter e equipar un cabalo, accederon á pequena nobreza e formaron a cabalaría vilá, primeiro no condado de Castela (s X) e, na Baixa Idade Media, en León, Portugal, Navarra e Aragón. Ao asentarse o proceso de señorialización da terra, a significación deste termo ampliouse e pasou a designar labrego en xeral.

  2. adx e s

    Que ou quen se caracterica pola súa ruindade e maldade.

    Sinónimos: vil. Confrontacións: canalla, ruín.

Palabras veciñas

Vilamor | Vilamoure | Vilamourel | vilán -lá | Vilán, Cabo | vilancico | vilanesco -ca