Vilar do Monte, palacio de

Vilar do Monte, palacio de

Construción situada en Quindimil (Palas de Rei). Ten planta rectangular con cuberta de catro augas. Na fachada principal conserva un corredor que se abre a un patio a onde tamén dan a capela, de planta rectangular, e outras construcións auxiliares.