Vilaseco, pazo de
Vilaseco, pazo de
Construción situada en Vilaseco (San Cristovo de Cea). Consta dun edificio con planta en forma de L e dúas alturas cun patio interior. Ao patio ábrese tamén a capela. Conserva unha solaina, á que se accede por dúas escaleiras exteriores, e ten unha torre de planta cadrada que remata con pináculos.