Vilavella, convento de
Vilavella, convento de
Antigo convento situado en Redondela. Fundado polo arcediano García Prego de Montaos en 1501, estivo ocupado polas monxas xustinianas de San Lourenzo. A súa fachada principal caracterízase pola horizontalidade, só rota pola torre cadrada e ameada e pola igrexa acaroada á parte conventual. A igrexa, baixo a advocación de Santiago, ten planta rectangular, con cinco tramos, e ábsida de planta rectangular.