Villanueva de las Achas, condado de

Villanueva de las Achas, condado de

Título nobiliario que ten a súa orixe no señorío homónimo, integrado nas terras de Sobroso, outorgado por Xoán I a Pedro Ruiz Sarmiento, adiantado maior do Reino de Galicia, en 1379. En 1761 Carlos III outorgoulle o título condal a Antonio Xosé Sarmiento de Soutomaior e Pardo de Figueroa . Os seus sucesores non utilizaron o título de conde de Villanueva de las Achas pois empregaron o de marqueses de Castel Moncayo ata que María de la Paloma Falcó Escandón (?-1974), IX marquesa de Castel Moncayo, rehabilitou o título e converteuse en II condesa de Villanueva de las Achas, título que levaron os seus sucesores.