Viloira, pazo de
Viloira, pazo de
Construción situada en Viloira (O Barco de Valdeorras). Ten planta rectangular e organízase ao redor de dous patios, con baixo e tres pisos no corpo situado entre a fachada principal e os patios, e dous pisos no resto. A capela está inserida no edificio.