vinculación

vinculación

(< 1 vincular)

  1. s f

    Acción e efecto de vincular ou de vincularse.

  2. s f [HIST/DER]

    Cada unha das institucións xurídicas en que se fai inalienable unha masa de bens, subtraída así ao comercio, e que queda nas mans de determinadas familias, comunidades ou institucións, grazas a unha orde predeterminada e inalterable nas sucesións. Ligada a un concepto precapitalista da propiedade, atópase no fideicomiso romano, aínda que foi completada polas normas propias do feudalismo e pola refeudalización do s XVI, unida á propiedade colectiva: vinculacións comunais e eclesiásticas (man morta) e a constituída polo fideicomiso e o morgado. En 1798 iniciouse o proceso de desvinculación de patrimonios e de desamortización. Actualmente só ten vixencia na sucesión de título nobiliarios.

Palabras veciñas

vincristina | vinculábel | vinculable | vinculación | vinculante | 1 vincular | 2 vincular