Vinculeiro, pazo do
Vinculeiro, pazo do
Construción situada en Padrón. Está formada por dous corpos que adoptan a forma de L. Accédese á planta superior e ao patín por unha escaleira exterior. Na planta baixa destaca un arco de medio punto. Conserva os escudos de armas dos Montenegro, Torre, Andrade, Caamaño e Moscoso, entre outros.