viñátigo
viñátigo
(
s
m
[PLANTA]
Árbore perennifolia, de ata 20 m de altura, coa cortiza de cor gris escura e fisurada, follas alternas, lanceoladas, coriáceas, enteiras, pecioladas e aromáticas de cor verde brillante no anverso e algo máis pálidas no reverso. As flores son bisexuais amarelo-verdosas dispostas en panículas pedunculadas. O froito é elipsoidal de cor ennegrecida cando madura. É endémica das illas de Madeira, Os Açores e Canarias. En Galicia dáse como árbore ornamental.