viño
(< lat vinu)
-
[ALIM]
-
s
m
Bebida alcohólica obtida por fermentación do mosto da uva. Os seus compoñentes máis importantes son a auga (compoñente maioritario), o alcohol etílico (entre 7 e 17 graos alcohólicos), pequenas cantidades doutros alcohois, ácido málico, tartárico, cítrico, acético e carbónico, polifenois (taninos e materias colorantes antociánicos), substancias nitroxenadas (aminoácidos, aminas), hidratos de carbono, sales minerais (de potasio e de fosfatos) e substancias volátiles (aldehidos, cetonas, esteros). A composición cualitativa e a cuantitativa dependen da clase de viño, que á súa vez depende do proceso de vinificación ao que se somete o mosto. Os tipos máis importantes de viño son o viño abocado , suave e un chisco doce, o viño anello , que ten moitos anos, o viño aromatizado , viño especial con produtos, extractos ou estimulantes, o viño branco , de cor dourada, obtido ao fermentar o mosto sen peles nin sementes, o viño de mesa , de pouca idade, elaborado sen máis prácticas que as habituais e cun mínimo de 9°, o viño doce , que contén azucres, por interrupción da vinificación antes de esgotarse o azucre do mosto ou por adición posterior, o viño escumoso , que contén dióxido de carbono disolto, produto dunha segunda fermentación, o viño fortificado , ao que se lle aumentou o grao alcohólico, o viño xeneroso , viño especial que ten algún compoñente que sobrepasa as proporcións correntes, dun grao alcohólico superior a 14°, o viño licoroso , que é especial e que ten un grao alcohólico entre 14° e 23° cun mínimo do 15% de azucres, o viño de mel ou augamel, o viño moscatel , feito con acios da variedade moscatel, o viño natural , que non sufriu tratamentos especiais, o viño tinto , de cor vermella escura, obtido fermentando o mosto con peles e sementes, dos que se extraen os colorantes, os polifenois e outras substancias responsables da súa astrinxencia na cata e o seu aroma forte, o viño de reserva , envellecido durante máis de dous anos, o viño rosado , a fermentación comeza en presenza das peles e o zume sepárase, ao cabo dun día, por prensadura, o viño seco , que non contén azucre porque o mosto sufriu unha fermentación total, o viño verde , obtido por fermentación de mosto de acios que, por causa do clima, non maduraron normalmente (unha forma especial de viño verde é o chacolí). Outras clases de viño adoptan o nome do acio que deu o mosto, como a garnacha, a malvasía, o godello, etc. Considérase viño anormal aquel que só se pode destinar á elaboración de vinagre e de alcohol, porque algúns dos seus compoñentes exceden o máximo ou non acadan o mínimo tolerado. Aínda que a presenza da vide en Galicia era coñecida en épocas prehistóricas, o seu aproveitamento como viño crese que foi unha penetración mediterránea. A vide, Vitis vinifera, é a única especie autorizada para a elaboración de viños, pero existen moitas variedades, polo que as diferentes características dos acios, a súa composición e avaliación, segundo o solo, clima e cultivo, condicionan a vendima, elaboración, conservación, crianza e envellecemento do viño resultante. Moitas destas variedades son autóctonas dalgunhas rexións, pero durante os ss XIX e XX, produciuse unha invasión da filoxera, praga que destruíu moitos viñedos, feito que obrigou a facer enxertos a partir de variedades estranxeiras, procedentes de América, resistentes a esta praga. Posteriormente pretendeuse recuperar variedades autóctonas. As variedades consideradas autóctonas galegas son algo máis de 10 de uvas brancas e máis de 30 tintas. As principais variedades de Galicia son: albariño, ribeiro, condado, mencía, godello e rosal, que dan orixe a uns tipos de viño protexidos por unha serie de denominacións de orixe que, mediante os consellos reguladores, controlan a calidade e os procesos de elaboración e produción. Respecto aos viños galegos existen cinco denominacións de orixe: Denominación de Orixe Rías Baixas, que agrupa catro subzonas produtoras: o val do Salnés, Soutomaior, o Condado e o Rosal; Denominación de Orixe Ribeiro; Denominación de Orixe Valdeorras; Denominación de Orixe Monterrei e Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A apreciación dun viño depende dos seus caracteres sensoriais e das súas propiedades organolépticas (sabor, cor, olor e textura). Así, para a súa nitidez, fálase de viño brillante, límpido, velado, turbio e espeso; pola súa cor, de viño branco, tinto e rosado; polo seu aroma, de seco, abocado e doce, ácido, fresco e áspero; e polo olfacto determínase o bouquet. Respecto á produción do viño, España é o primeiro país do mundo en superficie de cultivo de vides, mais en canto á produción ocupa o terceiro posto, por detrás de Francia e Italia, pero por diante de EE UU, Arxentina e Chile. Así, Europa é o continente con maior produción vinícola (70%), seguido por América (18%), Asia, Oceanía e África. Respecto ao seu consumo, os tres primeriros postos están ocupados por Francia, Italia e EE UU, seguidos de Alemaña e España. En Galicia, pola súa parte, a maior extensión de vides e as principais zonas produtoras son as comarcas do sur, ademais, o viño supón o 33% de produción do subsector agrícola.
-
s
m
Calquera zume vexetal fermentado. Entre os máis coñecidos está o viño de froitas , como a sidra, o leite de coco ou o viño de ameixas, e o viño de palma (ou lagmi), obtido do zume da datileira.
-
viño tostado
ariedade de viño especial propia da comarca de Valdeorras. Elabórase con uvas brancas das variedades godello e xerez cunha graduación de 13°. Cando a uva acada a madurez córtanse os acios para penduralos separados durante 20 ou 30 días aproximadamente. Despois, a uva, practicamente pasa, pícase e convértese en bagazo, que se leva a unha prensa pequena para darlle diariamente unha volta ata que deixe de escoar o mosto, que, con 14°, se verte en bocois de castiñeiro ou carballo para que fermente durante seis semanas aproximadamente. Logo trasfégase a outra pequena cuba onde se deixa repousar durante dous anos polo menos, aínda que algúns produtores prolongan o proceso ata sete anos.
-
s
m
-
s
m
Froito da vide.
Sinónimos: uva.
Refráns
- A bo viño non hai mal bebedor.
- a mosto que se colle en agosto, non é mosto.
- a viño anda sen calzóns.
- A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber.
- a viño é pan e medio.
- a viño que é chispeiro non precisa de pregoeiro.
- a viño tinto quere estar estar apretado e o branco folgado.
- Adega fría quentarse espera / ao chega-Ia colleitao.
- Algo lle falta ao viño, se non ten a agulla do caíño.
- ande entra o beber, sae o saber.
- Ano de viño, merca e garda viño.
- Ano noyo e viño novo non manteñen.
- Ata o san Pedro o viño ten medo.
- Auga, de cepas; roído, de teIlas.
- Cabaza que non ten viño non é cabaza nin cabaciño.
- Cando de as viño ao teu señor, non o mires ao sol.
- Collerás viño mosto, se vendimas enxoito.
- Con solas, pan e viño xa pode un andar camiño.
- Das aves que erguen o rabo a peor é o xarro.
- De bagazo espremido nunca bo mosto escorrido.
- Deixa a auga e bebe viño despois do san Martiño.
- Día de san Martiño proba o teu viño.
- Día de san Martiño todo o viño é bo viño.
- En setembro e outono bebe o viño vello e deixa estar o novo.
- Eu non bebo o viño, que o como en cuneas gotiño a gotiño.
- Inda non foi para a cabaza e xa se volveu vinagre.
- Máis vale viña frío que auga quente.
- Máis vale viño que quente que auga fría.
- Menos valen ás veces as borras có viño.
- Non colIas sen bota o camiño e, cando a leves, lévaa con viño.
- Non é bo mosto o que se molla en agosto.
- Non hai mellor viño có da viña.
- Non hai neto de viño que grande sexa.
- O aceite das cepas cura moitas doenzas.
- O bo viño trae a venda consigo.
- O brancellao e o caíño son os pais do viño.
- O moscatel non vai ao pichel.
- O viño alegra o olIo e quenta o corpo.
- O viño barato saca os cartas do farrapo.
- O viño da viña allea zonzonéame a arella.
- O viño das cepas vellas quenta as orellas.
- O viño do Avia ten forza, espírito e labia.
- O viño do Ribeiro fai andar o mozo lixeiro.
- O viño do Ribeiro fai fortes os mozos e remoza os vellos.
- O viño do Ribeiro fai o vello chuscarrandeiro.
- O viño do Ribeiro non ten compañeiro.
- O viño do Ribeiro ten son a de paroleiro.
- O viño é bo pero, se é viño bo.
- O viño fai o vello mociño.
- O viño fai rir, fai durmir e fai as cores á cara saír.
- O viño ha ser comido máis ben que bebido.
- O viño, pola cor; e o pan, polo sabor.
- Pan e viño andan camiño / mellor que mozo garrido.
- Para bos viños, Ribadavia e todo o Ribeiro de Avia.
- Poi a vos a santa palabra eu non son digno de beber o viño sen auga.
- Polo san Martiño todo o mosto é bo viño.
- Quen é amigo do viño, de si mesmo é inimigo.
- San Xulián garda o viña e garda o pan.
- Se queres ter o teu home gordiño, despois do caldo dálle un gotiño, sempre que sexa de viño.
- Sen pan nin viño non se anda ben o camiño.
- Solas e viño andan camiño.
- Sopa en viño non emborracha; pero agachar, agacha.
- Tabaco, viño e muller botan un home a perder.
- Tanto me quere o fillo da uva, tanto me quere, que se el quere me derruba.
- Vendima enxoito, se queres coller viño mosto.
- Viño quitado, bebelo ou tiralo.
- Viño ruín, para quen o que ira pero non para mino
- Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.
- ¿Onde haberá mellor viño có que sae das cepas?