Viola
Viola
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das violáceas, con follas alternas, pecioladas con estípulas foliáceas e persistentes. As flores son hermafroditas, cigomorfas, axilares, xeralmente solitarias e de diversas cores, e froito en cápsula trivalva. Inclúe unhas 400 especies das rexión cálidas e temperadas. En Galicia dánse, entre outras, as especies V. lactea e V. riviniana.