virxindade

virxindade

(< lat virginĭtāte)

  1. s f

    Estado da persoa que é virxe.

  2. s f
    1. Virtude que consiste en manterse virxe por motivos éticos ou relixiosos.

    2. [ANAT]

      Estado dunha muller que é virxe, caracterizado anatomicamente pola conservación do hime.

    3. [RELIX]

      Condición das persoas que de forma perpetua ou temporal se absteñen de manter relacións sexuais para se consagrar ao servizo divino.

Palabras veciñas

Virxilio/Virxilia | 1 virxinal | 2 virxinal | virxindade | Virxinia | Vis | vis a vis