visaio -ia

visaio -ia
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos visaios ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo visaio.

  3. s m [ETN]

    Individuo dun pobo malaio que dá nome ás Illas Visayas, pero que tamén vive nas illas veciñas (sur de Luzón e de Mindoro, norte e costas occidentais de Mindanao). Constitúe a poboación máis numerosa de Filipinas.

  4. s m [LING]

    Grupo de linguas malaio-polinesio do phylum áustrico que fala o pobo visaio. A lingua máis importante é o cebuano, que se usa nas publicacións locais, nalgunha publicación de Manila e na maioría dos filmes de Filipinas en linguas nacionais.

Palabras veciñas

vis a vis | vis cómica | visado -da | visaio -ia | Visantoña | Visantoña | visar