viscosidade
viscosidade
(< viscoso)
-
s
f
Calidade de viscoso.
-
s
f
[FÍS]
Resistencia que ofrecen todos os fluídos e algúns sólidos ao cambio da súa forma baixo a acción de forzas externas. A viscosidade dinámica mide a forza tanxencial que hai que facer sobre unha capa fluída que se despraza sobre outra por unidade de superficie de contacto e de velocidade de desprazamento. A viscosidade cinemática é a relación entre a dinámica e a densidade, sendo a súa unidade de medida no sistema SI o m 2 /s e no sistema CGS o stokes. Nos líquidos tense en conta a viscosidade cinemática e nos gases a dinámica.