Vista Alegre, pazo de

Vista Alegre, pazo de

Construción situada en Vilagarcía de Arousa. Foi edificada por Rodrigo de Mendoza no s XVI e, en orixe, tiña unha torre ameada a cada lado pero só se conserva unha. No s XVII unha parte do edificio trasladouse ao convento contiguo e está unido coa igrexa por un pasadizo. No s XVIII o pazo reformouse. Foi declarado BIC (1980).

Palabras veciñas

Visser’t Hooft, Willem Adolf | vista | Vista Alegre | Vista Alegre, pazo de | Vista Fermosa | vistavision* | visto -ta