Vivián/Viviana
Vivián/Viviana
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Vivianus, derivado do xentilicio Vibius, correspondente ao etrusco Vipi. Por etimoloxía popular o nome Vivianus foi relacionado co verbo vivere e interpretado como nome augural cristián. Que en diferentes linguas exista a variante Bibiana, permite pensar nun derivado de Bivium ‘gallada, bifurcación’. Presenta as variantes Bibián/Bibiana.