vivíparo -ra
vivíparo -ra
(< lat vivipăru)
-
adx
[ZOOL]
Aplícase ao animal cuxo embrión se desenvolve dentro da nai e obtén os elementos nutritivos e o osíxeno mediante o estreito contacto cos tecidos maternos, con frecuencia por medio dunha placenta. O viviparismo é propio de todos os mamíferos placentarios.
-
adx
[BOT]
Aplícase ás plantas con sementes que comezan a xermolar antes de se desprenderen delas.