vogal
(< lat vocāle)
-
[LING]
-
s
f
Elemento fonolóxico básico na articulación da fala. Oponse a soante e a consoante, que dalgunha maneira son interrupcións vocálicas. Desde a máis antiga tradición, as vogais son consideradas sons puros con voz propia e capaces de formar sílaba por elas mesmas. Fonoloxicamente, este é o trazo que distingue as vogais doutros elementos necesaria ou potencialmente non silábicos. A enerxía das vogais máis abertas emprégase case toda nas vibracións sonoras, especialmente no caso das vogais máis abertas, como [a], [e] e [ɔ]. No extremo contrario desta escala están as oclusivas xordas [p], [t] e [k], cuxas enerxías se aplican completamente na articulación bucal. Non obstante, entre ambos os dous límites, as consoantes sonoras, as líquidas e as semiconsoantes e semivogais reparten aquela enerxía dunha maneira gradual entre o sector bucal e o larínxeo sen ningunha separación notable. P. Delattre afirmou que a característica acústica das consoantes está representada pola ausencia de formantes; e a presenza, en cambio, é privativa de vogais e soantes. Á vista dos resultados fornecidos pola espectrografía moderna e a síntese da linguaxe sobre a estrutura acústica dos sons e a súa definición diferencial, foron resoltos moitos problemas, como a distinción precisa entre as vogais dunha lingua ou, máis en xeral, a correlación entre os trazos articulatorios e os trazos acústicos da fala. Así, puido determinarse o valor dos tres primeiros formantes vocálicos para a identificación fonemática e as marxes relativas de oscilación frecuencial que cada formante vocálico experimenta na realidade. O sistema vocálico do galego é de sete vogais, opostas entre si pola localización e polo grao de abertura. En canto ao primeiro, as vogais poden ser de tres tipos: anteriores ou palatais (/i/, /e/, /ε/), central (/a/) e posteriores ou velares (/u/, /o/, /ɔ/), e polo grao de abertura poden ser vogais abertas (/a/), medias abertas (/e/, /ɔ/), medias pechadas (/e/, /o/) e pechadas (/i/, /u/). Este sistema vocálico funciona plenamente na posición tónica (‘bala/’bεla/ ’bela/’bila/’bɔla/’bola/’bula), igual ca en posición pretónica (a’taɾ/εmi’tiɾ/es’taɾ/ i’ʎaɾ/ɔ’ɾaɾ/o’paɾ/u’saɾ); en posición postónica non final só se detectan cinco vogais, pois desaparecen as da serie media aberta; e en posición átona final só aparecen tres vogais (/a/, /e/, /o/) nas palabras patrimoniais, mentres /i/ e mais o /u/ só se documentan en cultismos e en estranxeirismos (virus, mapamundi, zombi).
-
s
f
Letra que representa unha vogal.
-
vogal radical
ogal que pertence á raíz ou lexema e que en xeral é a última da raíz. Por exemplo, a- en and- ou -e- en complet-a-r.
-
VT
vogal temática
ogal que aparece entre un lexema ou raíz e un morfema derivativo ou desinencia. A vogal temática (VT) é un morfema que clasifica os verbos en tres clases mórficas ou conxugacións: a CI na que se inclúen os verbos con
-
s
f
-
s
[DER]
-
Membro dunha xunta ou dunha convención que ten voz.
-
Individuo membro dunha xunta, unha convención ou unha asemblea que non ten ningún cargo especialmente cualificado.
-