voitre

voitre

(

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de rapina da familia dos accipítridos, que se alimenta de todo tipo de presas, incluídas preas.

  2. voitre branco [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de entre 59 e 70 cm de lonxitude, cunha envergadura de ata 165 cm, o máis pequeno dos voitres. Os sexos son moi semellantes, e diferéncianse só polo tamaño. A plumaxe do corpo é branca sucia, coas rémixes primarias e secundarias negras. A cabeza é amarela e carece de plumas, agás na zona posterior de onde parte un penacho amarelo. De hábitos migradores, vive en zonas montañosas, de cantís ou penedías con campo aberto. Existen dúas subespecies, unha asiática meridional e outra europea. Esta última ten a súa maor poboación en España, onde está presente en case todos os macizos montañosos, aínda que falta na maior parte da costa mediterránea. En Galicia só se dá como estival no SL da rexión, pero é moi raro de atopar.

  3. voitre cinsento

    Ave de entre 100 e 118 cm de lonxitude, e de ata 295 cm de envergadura, o que se considera voitre de maior tamaño. Os machos é as femias só se diferencian polo tamaño. A plumaxe é marrón escura, case negra, coa cabeza e o pescozo sen plumas, pero cunha especie de colar na base do pescozo formado por plumas pálidas e curtas. Vive nas zonas de estepa e nos bosques caducifolios de coníferas e mediterráneos, nidifica na copa das árbores. É unha especie ameazada que se distribúe desde o S de Europa ata Asia central. En España dáse especialmente no SO e no centro, e en Galicia non se dá.

  4. voitre leonado [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de entre 97 e 110 cm de lonxitude, e ata 290 cm de envergadura. Os sexos só se diferencian no tamaño. A plumaxe do corpo é parda leonada, pero o extremo das ás e da cola son moi escuros. A cabeza e o pescozo están cubertos de penuxe branca e na base do pescozo ten un colar de plumas pequenas brancas cincentas. Cando localizan as preas voan en círculos e posteriormente se lanzan en voo picado. É de hábitos sedentarios e gregarios, e está clasificada como rara. Viven en zonas montañosas, en rochedos ou barrancos. Distribúese pola Europa mediterránea, e en España non está presente nas illas, nin en Murcia. En Galicia é moi rara atopala, pero foi avistada na zona dos Ancares e Pena Trevinca.

Formas incorrectas

buitre