volanta
volanta
(< lat volare ‘voar’)
s
f
[PESCA]
Arte de pesca de fondo formada por un só pano de rede moi alto que, unido a varias pezas, pode chegar a unha extensión considerable. Utilízase principalmente para a pesca de abadexo, pescada e ollomol nas rías e costas de Galicia, aínda que provocou conflitos con outras artes, especialmente as de arrastre, e hai quen avoga pola súa desaparición debido a que, cando as volantas rompen e van ao fondo, provocan danos noutros barcos.