votación

votación

(

  1. s f

    Acción e efecto de votar.

  2. s f

    Conxunto de votos emitidos.

  3. votación de confianza [POLÍT]

    Resolución que segue, nos debates parlamentarios, á presentación dunha cuestión de confianza ou dunha moción de censura.

  4. votación múltiple

    Sistema de votación que lle permite a unha persoa votar en máis dunha circunscrición.

  5. votación nominal

    Votación na que en cada voto figura o nome da persoa que o emitiu.

  6. votación ordinaria

    otación que se realiza erguéndose os partidarios dunha opinión ou ben alzando a man.

  7. votación por delegación

    Sistema de votación en que un elector pode designar a outra persoa para que vote no seu lugar.

Palabras veciñas

Vostell, Wolf | Vostok | Vostok, lago | votación | votante | votar | votiaco -ca