vulcanización
vulcanización
(
s
f
[QUÍM]
Tratamento ao que se somete o caucho para mellorar as súas propiedades. O caucho bruto faise quebradizo co frío e brando e pegañento coa calor, polo que coa vulcanización se lle confire a insolubilidade en disolventes orgánicos, unha gran resistencia á tracción e á abrasión e a conservación da súa elasticidade, independentemente da temperatura. Efectúase engadindo xofre e tratando a mestura en autoclaves a temperaturas da orde de 140°C.