vulcanoloxía
vulcanoloxía
(< antropónimo Vulcano +-loxía)
s
f
[XEOL]
Parte da xeofísica que estuda os fenómenos volcánicos. Comprende o estudo do conxunto de procesos da xeración dos magmas e a súa evolución durante o ascenso cara á superficie, as rochas volcánicas, os gases volcánicos que saen á superficie a través de fendas ou as fontes termais.