vimbieira
(
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto caducifolio, dioico, de ata 10 m de altura, con ramas alongadas, flexibles, de cor amarela e densamente pubescentes cando son novas. As follas son alternas, con pecíolo curto, linear-lanceoladas e beiras irregulares e lixeiramente dentadas ou enroladas sobre a cara inferior do limbo. Son de cor verde escura un pouco brillante no anverso e prateada no reverso debido á presenza de abundante pubescencia. As estípulas son pequenas, linear-lanceoladas de cor verde clara, longamente acuminadas e lixeiramente dentadas. As flores son unisexuais dispostas en amentos subsésiles e densos e aparecen antes que as follas. O froito é unha cápsula sésil cuberta de pilosidade. Florece a comezos da primavera en terreos húmidos e na beira de cursos de auga, preferentemente en altitudes menores, entre o nivel do mar e os 500 m. Distribúese por Europa central e setentrional, Siberia e Asia temperada. Presenta unha lonxevidade superior aos 30 anos. Emprégase fundamentalmente como produtora de vimbio.
Sinónimos: vimieiro. -
s
f
Lugar onde abunda esta planta.
Sinónimos: vimieiro.