xílgaro

xílgaro

(< lat silybum < grσίλυβον ‘especie de cardo comestible’)

Nome científico: [Cardueliscarduelis, Fam dos frinxílidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave de ata 12 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que ten a plumaxe de cor parda no dorso, e máis clara no ventre, a cola negra, a cabeza branca, coa parte frontal vermella e o curuto e o pescozo negros. As ás son negras, cunha franxa amarela no centro. Aliméntase de sementes e insectos e vive en zonas de cultivos e terreos baldíos. A súa distribución é paleártica, está presente na Península Ibérica e tamén en toda Galicia, onde non é moi abundante.

Sinónimos

Palabras veciñas

xileno | xilenol | xilento | xílgaro | Xiliao He | 1 xilin | 2 xilin