Xob, san

Xob, san

Personaxe bíblico. Sobre un fondo de dualismo ben-mal, encarna a paciencia do xusto. Iavé permitiu que o demo o tentase e perdeu os bens, a familia e a saúde. Aturou as calamidades sen perder a súa confianza en Iavé, que ten piedade del e concédelle o cento por un. Na iconografía cristiá aparece como prefigurador da paixón de Cristo e da persecución da Igrexa e, en segundo lugar, como exemplo de virtude e de paciencia, representado nas escenas máis evocadoras da súa historia. A súa festividade celébrase o 10 de maio.

Palabras veciñas

xoaquinismo | Xob | Xob, Libro de | Xob, san | xobao | xobins | Xobre ou o maño, o