Xonás

Xonás
[RELIX]

Personaxe bíblico. É o protagonista dun dos libros proféticos menores, escrito antes de 200 a C, que leva o nome dun profeta de tempos de Xerobam II (793-753 a C). O signo de Xonás que Xesús daba á súa xeración era predicar sinxelamente a conversión, pero na redacción de Mateo este signo é a resurrección de Xesús, xurdida da terra ao cabo de tres días, como Xonás do peixe. Tema habitual da iconografía paleocristiá, represéntase calvo, vestido ou espido, acompañado dunha balea ou dun dragón. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.

Palabras veciñas

xollo | xomerciar | Xonás | Xonás | xoncer | xondo | Xonia