Zamacolada

Zamacolada

Insurrección popular que tivo lugar en Bizkaia os meses de agosto e setembro de 1804. Co fin de conseguir do goberno a construción dun porto preto de Bilbao, dependendo do señorío de Bizkaia, segundo un proxecto de Simón Bernardo de Zamácola, o señorío ofrecía a implantación do servizo militar. Esta actitude provocou un motín, reprimido con dureza polas tropas enviadas por Godoy.