zamburiña

zamburiña
Nome científico: [Chlamysvaria, Fam dos pectínidos]
s f [ANIMAL]

Molusco lamelibranquio de aspecto similar á vieira, cunha cuncha de ata 6 cm de lonxitude, e coas dúas valvas convexas pero non iguais exactamente. Ten dúas prolongacións ao lado da charneira e orellas de tamaño moi desigual. É de cor variable, entre pardo amarelada e arrubiada purpúrea. Vive libre ou fixa ao substrato polo biso. Habita na zona infralitoral, a 80 m de profundidade aproximadamente. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. A talla mínima para o consumo e comercialización é de 40 mm. En Galicia os bancos que existen desta especie non son tan abondosos como os de vieira, polo que se están a estudar técnicas en acuicultura para promover a súa produción, tanto para o consumo humano como para a repoboación.